O CEO, O MAR AZUL
Non hai nada mellor que volver á casa
coa pel adobada en salitre despois dun día de praia. Boto de menos os
veráns de ata fai tres anos, que eran antes de setembro, sen apuros
porque o inverno tardaría en chegar. Por outra banda, o outro día vin
nun xornal a foto do fillo e do neto de Cousteau, con cadanseu pucho de
lá vermello. Coma cada tanto, os membros de esta familia emerxen das
augas, quitan o arneirón da cara e lanzan unha advertencia sobre o
perigo que corre o planeta, e ese pucho de lá vermello semella un sinal
de advertencia. Así que a nostalxia dos veráns de antes e máis esta
foto acenderon en min un ansia: quero ser Seu Jorge en Life Aquatic.
Ler "O ceo, o mar azul" no xornal Certo
Ler "O ceo, o mar azul" no xornal Certo
Comentarios