NADA QUE VER CON NÓS

"Xa viches a un millón de persoas así. Poida que na parte máis poboada da túa cidade; a parte de atrás, a que está conxestionada e amoreada, a parte pola que é máis difícil transitar en coche. Poida que te preguntaras: “De onde vén tanta xente? Como comen e se manteñen vivos? Para que serven? E por que viven dese modo?”. Esas persoas tiveron unha casa e un fogar coma o teu, establecéronse e tiveron un emprego igual ca ti. Entón algo os sacudiu e perdérono todo.”
Quen nos fala é Woody Guthrie (1912-1967) a quen xa dediquei un artigo en Certo. Recolle esta reflexión nas súas memorias, Bound for Glory (publicadas en castelán co título Rumbo a la gloria por Global Rhythm Press en 2009), escritas cando tiña 30 anos e xa vivira máis do que moitos viviremos nunca. Os Estados Unidos saían da Gran Depresión e entraban na guerra; o ser humano vivía o momento máis crítico da súa historia, polo momento.

Ler "Nada que ver con nós" no xornal Certo 

Comentarios

Entradas populares