LENNON E MCCARTNEY, ARTISTAS PARISIENSES

Diego Manrique dedica un artigo, dentro do especial de El País sobre os Beatles con motivo do cincuenta aniversario da súa carreira discográfica, ó milagroso que resulta que aquel grupo de desastrados rockers chegaran a sacar un disco –“Love me do”- o 5 de outubro de 1962. Como estandartes do imaxinario popular do noso tempo, parécenos incrible que o seu destino non estivera gravado en mármore dende o principio dos tempos: é unha desas cousas que tiña que pasar. Pero o camiño que levou ó Beatles dende o momento que colleron por primeira vez unha guitarra ata a edición de “Love me do” aseméllase máis a aquela escena de Bugs Bunny cruzando a rúa entre un tráfico frenético mentres le distraído o xornal e chega ileso á outra beira: un milagre que a ratos resulta igual de cómico.


 Ler "Lennon e McCartney, artistas parisienses" no xornal Certo

Comentarios

Entradas populares