O OCÉANO PACÍFICO NON É NADA
Cúmprense neste 2013 cincocentos anos do descubrimento do Océano
Pacífico por Vasco Núñez de Balboa. Despois de pasar innumerables
penurias cos seus homes na súa busca (como soe pasar nestes casos),
avistou o mar dende un outeiro e axeonllouse. Baixou ata a praia e
meteuse na auga, co estandarte da Virxe María nunha man e a espada na
outra, e tomou posesión do “Mar do Sur” en nome da Coroa de Castela.
Antes as cousas eran así de sinxelas: valeu este simple acto para
facerse cunha extensión de auga, e das illas que comprendía, de miles de
kilómetros.
Ler "O Océano Pacífico non é nada" en Certo
Ler "O Océano Pacífico non é nada" en Certo
Comentarios