LENNON E MCCARTNEY, ARTISTAS PARISIENSES
Diego Manrique dedica un artigo,
dentro do especial de El País sobre os Beatles con motivo do cincuenta
aniversario da súa carreira discográfica, ó milagroso que resulta que
aquel grupo de desastrados rockers chegaran a sacar un disco –“Love me
do”- o 5 de outubro de 1962. Como estandartes do imaxinario popular do
noso tempo, parécenos incrible que o seu destino non estivera gravado
en mármore dende o principio dos tempos: é unha desas cousas que tiña que pasar.
Pero o camiño que levou ó Beatles dende o momento que colleron por
primeira vez unha guitarra ata a edición de “Love me do” aseméllase
máis a aquela escena de Bugs Bunny cruzando a rúa entre un tráfico
frenético mentres le distraído o xornal e chega ileso á outra beira: un
milagre que a ratos resulta igual de cómico.
Ler "Lennon e McCartney, artistas parisienses" no xornal Certo
Ler "Lennon e McCartney, artistas parisienses" no xornal Certo
Comentarios