UN ROLLING STONE EN GALICIA
Ó principio estaba Bill Wyman, que xa
fumaba cando aínda non existía o rock and roll. Cando Bill tiña vinte
anos, chegaron do outro lado do mar Elvis e Compañía, e estableceron o
Novo Novo Mundo. Non sabemos moi ben que fixo Bill, aparte de fumar, ata
que volvemos a atopalo cun baixo na man o 7 de decembro de 1962, nunha
proba para tocar cos Rollin´ (aínda sen “G”,
daquela levábaa Franco nas moedas) Stones. A Bill, sete anos maior que o
monstro Jaggerrichards, quedoulle claro dende aquel segundo principio:
máis que querelo a el, aqueles espichos querían o seu ampli.
Ler "Un Rolling Stone en Galicia" no xornal Certo
Ler "Un Rolling Stone en Galicia" no xornal Certo
Comentarios